BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

venres, 25 de novembro de 2011

25 de novembro.DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





O Daviña di: BASTA

Hoxe recordamos a tódalas vítimas da violencia de xénero cunha pequena homenaxe na que alumn@s e profesores expresan a súa opinión. Moitas grazas a tod@s por participar.
Na sección de ACTIVIDADES atoparedes máis información e máis imaxes.



martes, 22 de novembro de 2011

22 de novembro.DÍA DE SANTA CECILIA





Alumnos de 4º de ESO celebran o día de Santa Cecilia (patrona da Música e dos músicos), interpretando ó piano tres pezas musicais(ver sección O Día de ... )

sábado, 19 de novembro de 2011

20 de novembro. Día Mundial do Neno

.

Hoxe celebramos o Día Mundial do Neno. Na nosa sección O Día de... atoparás unha guía de lectura para xóvenes relacionada con este tema.

xoves, 10 de novembro de 2011

O DAVIÑA CON LOIS DIÉGUEZ EN SALCEDO

A tarde do mércores 9 de novembro foi especial. Algúns profes e alumn@s do centro pasaron en Salcedo momentos moi agradables e divertidos no roteiro literario con Lois Diéguez e os personaxes da súa obra A poutada do oso. Parece ser que o oso tamén estaba...


Aí tedes as fotos e os enlaces cos xornais nos que aparecedes. Que sigades disfrutando...




"Vivir un libro con huella", El Progreso





xoves, 3 de novembro de 2011

ROTEIRO LITERARIO





O próximo mércores 9 de novembro o departamento de Normalización Lingüística realizará unha actividade relacionada coa lectura do libro A poutada do oso, do escritor monfortino Lois Diéguez. Infórmate con máis detalle no blog de galego OLLÁNDONOS: ollandonos.wordpress.com